Teléfono: + 34 981 850 903 / + 34 981 851 009 / Email: reservas@doartesanato.com
Do Artesanato

Presentación

Apartamento Burela 1 e 2

Os Apartamentos Burela 1 e 2 están sitos en Burela, en plena Mariña lucense, e cada un conta con:

  • Cociña totalmente equipada con forno, neveira, lavalouzas, cafeteira, lavadora e microondas.
  • Salón-comedor con sofá-cama, TV e DVD.
  • 1 baño no apartamento 1 e 2 baños no apartamento 2.
  • 2 habitacións: 1 habitación con 1 cama de 135 cm e 1 habitación con 2 camas de 90 cm.

Capacidade: 5 prazas.

Tamén dispón de calefacción, praza de garaxe, rocho e terraza con vistas ao mar.
O apartamento está equipado con roupa de cama, toallas, secador, ferro de pasar e enxoval de fogar.

O aloxamento atópase a 95 km de Lugo, 35 km de Ribadeo, a 25 km de Viveiro e a tan só a uns 500 m da praia. Dende Burela pódense percorrer as distintas rutas históricas da Mariña, visitar as áreas recreativas de Portelo e Monte Castelo, a ría de Ortigueira, o cabo de Estaca de Bares, as praias de Cala do Cabaliño e do Cantiño ou a das Catedrais.

Prezos

Tempada alta (08/07 a 11/09)dende 630€/semana
Pontes, Nadal e Semana Santa (4 noites)dende 360€
Fins de semana (2 noites)dende 140€
Tempada baixa (resto do ano)dende 490€/semana
Aloxamento con mascotas9€/día

* Prezos IVE incluído / 
Ver condicións



Reservas

Teléfono: + 34 981 850 903 / + 34 981 851 009 / Email: reservas@doartesanato.com

Localización

Avda. Arcadio Pardiñas, 207-205. 27880 Burela (Lugo)


Como chegar