Teléfono: + 34 981 850 903 / + 34 981 851 009 / Email: reservas@doartesanato.com
Do Artesanato

Presentación

Finca Sacido

Antiga casa de labranza totalmente restaurada sitda nunha pequena aldea de Outes ao sur da provincia da Coruña, no interior da Ría de Muros e Noia. A aldea de Sacido aséntase mirando cara ao sur entre os picos do Alto da Banza e O Pico do Cotro cuns miradoiros excelentes. Entre ambos picos discorren os ríos Donas e Tines.

A finca conta con máis de 19.000 m2, con zonas de piñeiros e froitales que lle dan un encanto moi especial ao conxunto. Ideal para quen busque relax absoluto e contacto coa natureza.

Ademais a tan só 4 km podemos desfrutar da desembocadura do Río Tambre e das hermosas praias da ría, de feito dende a propia finca é posible observar diferentes vistas destas marabillas.

A Finca Sacido alúgase completa e conta con:

  • 4 habitacións dobres con cama de matrimonio.
  • 2 baños.
  • Cociña totalmente equipada con neveira, lavalouzas, cafeteira, lavadora e microondas.
  • Sala de estar con TV.

Capacidade: 8 persoas.

Tamén dispón de calefacción, barbacoa, cheminea, xardín , terraza e garaxe.

A casa está equipada con roupa de cama, toallas, ferro de pasar e enxoval de fogar.

A Finca Sacido atópase a 40 km de Santiago de Compostela, a 95 km de Pontevedra e a 80 km da Coruña. Dende Finca Sacido pódense visitar os cascos históricos de Muros e Noia as praias da ría ou planificar excursións por Santiago de Compostela, as Rías Baixas ou A Costa da Morte.

Prezos

Todo o anodesde 189€/día

* Prezos IVE incluído / 
Ver condicións



Reservas

Teléfono: + 34 981 850 903 / + 34 981 851 009 / Email: reservas@doartesanato.com

Imaxes

Localización

Sacido, nº 2. 15237 Outes (A Coruña)


Como chegar